¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

A Seara comunicou o Feito a Man 2024

Acompañamos, comandando a prensa e as redes do FAM, a máis de 40 bandas ao longo da programación do festival, que se celebrou do 5 ao 26 de agosto en rúas e prazas da cidade vella de Compostela

26-08-2024. Este mes andivemos coordinando a comunicación da 21ª edición do Festival Feito a Man 🚀

Rematado o festival, non queremos deixar agradecer a organización -especialmente a Ángeles Porto- a confianza depositada en nós. Tamén a Antonio Rubio por sementar n'A Seara este agosto, facendo florecer olladas preciosas que fixeron moito máis doado o noso traballo. Ao equipo de produción e VINCUSYS polo seu bo facer e amabilidade, así como as donas e donos dos locais que fixeron de porta da ducia de escenarios improvisados nas rúas e prazas da Cidade Vella, recibíndonos sempre cos brazos abertos.


Por suposto, grazas tamen as integrantes das case 40 bandas que conformaron a grella de programación, que respostaron agarimosamente tantas chamadas, mails e whatsapps, trasladándose a estudios de radio e televisión para sachar canda nós na difusión deste festival marabilla. Agradecidas tamén sempre, claro, as e os xornalistas de medios de toda pelaxe, sempre atentas e dispostas ás nosas ideas tolas.

📸 A foto que ilustra este post é de Alejo Romero Fontán

Longa vida ao Feito a man, deica o ano que vén 💓
E nós, ao seguinte!  🧨

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar